- Portada 8
Admisión de alumnado en centros sostidos con Fondos Públicos para o curso 2024-25. (ESO e Bacharelato).
O procedemento de admisión pódese consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
No taboleiro de anuncios de secretaría ou conserxería pódense consultar as listaxes de vacantes, provisioniais e definitivos nos prazos seguintes:
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
01/03/2024 ao 20/03/2024 |
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS |
25/04/2024 |
PRAZO DE RECLAMACIÓNS CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS |
26/04/2024 ao 03/05/2024 |
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS |
15/05/2024 |
Convocatoria de bolsas de carácter xeral (BECAS) para o curso 2024/2025 do MECD DESTACADO
Publicada a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/2025.
- O prazo de solicitude da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa beca aínda que non sepas o que vas a estudar ou incluso si vas ou non a estudar.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
Calendario Exames Distancia: 2ª avaliación 2023-2024 DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames da segunda avaliación dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DASI - C.S. ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
Lémbrase que para poder facer a previsión de espazos e recursos é preciso preinscribirse.
Período de preinscripción: do 19 de Febreiro ao 01 de Marzo
A URL para facer a preinscripción e: https://alumnos.fernandowirtz.com
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS 2024 DESTACADO
-
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
Máis información:
Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro . DESTACADO
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico)
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.
Trámite para a solicitude de TÍTULOS
Tan só poden solicitarse títulos cando se teñan realizadas as avaliacións finais ordinarias ou extraordinarias onde conste a proposta para expedición de título.
- Cubrir o impreso adxunto.
- Aboar as tasas nunha entidade bancaria.
- Presentar na secretaría xunto coa fotocopia do DNI.
- No caso de familia numerosa deberá aportar xustificación.
O importe das tasas é o seguinte para o ano 2023:
- Bacharelato = 54.00
- Bacharelato familia numerosa = 27.03
- Bacharelato familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao superior= 54.00
- Ciclos grao superior familia numerosa = 27.03
- Ciclos grao superior familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao medio = 22.07
- Ciclos grao medio familia numerosa = 11.06
- Ciclos grao medio familia numerosa categoría especial = exento
Erasmus+: Visítannos a directora e unha profesora do Instituto Compresivo Martiri dei Civitella
Hoxe estiveron a visitar o noso centro as profesoras Iasmina Santini (directora) e Linda Faralli (profesora de italiano e historia) do Instituto Compresivo Martiri dei Civitella, que forma parte do Consorzio do Marcelli.
Como sempre, compartir experiencias e outros puntos de vista resultou enriquecedor e moi gratificante. Esperamos a chegada ao Wirtz de 10 estudantes do seu centro que compartirán unha semana de abril cos nosos alumnos de 3º ESO.
Oggi sono state in visita al nostro centro le professoresse Iasmina Santini (Preside) e Linda Faralli (docente di italiano e storia), dell'Istituto Compressivo Martiri di Civitella, che fa parte del Consorzio Marcelli.
Come sempre, condividere esperienze e altri punti di vista è stato arricchente e molto gratificante. Stiamo aspettando l'arrivo al Wirtz di 10 studenti del vostro centro che condivideranno una settimana in aprile con i nostri 3° studenti dell'ESO.