- Portada 5
Admisión de alumnado en centros sostidos con Fondos Públicos para o curso 2024-25. (ESO e Bacharelato).
O procedemento de admisión pódese consultar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
No taboleiro de anuncios de secretaría ou conserxería pódense consultar as listaxes de vacantes, provisioniais e definitivos nos prazos seguintes:
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
01/03/2024 ao 20/03/2024 |
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS |
25/04/2024 |
PRAZO DE RECLAMACIÓNS CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS |
26/04/2024 ao 03/05/2024 |
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS |
15/05/2024 |
Convocatoria de bolsas de carácter xeral (BECAS) para o curso 2024/2025 do MECD DESTACADO
Publicada a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/2025.
- O prazo de solicitude da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa beca aínda que non sepas o que vas a estudar ou incluso si vas ou non a estudar.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS 2024 DESTACADO
-
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
Máis información:
Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro . DESTACADO
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico)
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.
Trámite para a solicitude de TÍTULOS
Tan só poden solicitarse títulos cando se teñan realizadas as avaliacións finais ordinarias ou extraordinarias onde conste a proposta para expedición de título.
- Cubrir o impreso adxunto.
- Aboar as tasas nunha entidade bancaria.
- Presentar na secretaría xunto coa fotocopia do DNI.
- No caso de familia numerosa deberá aportar xustificación.
O importe das tasas é o seguinte para o ano 2023:
- Bacharelato = 54.00
- Bacharelato familia numerosa = 27.03
- Bacharelato familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao superior= 54.00
- Ciclos grao superior familia numerosa = 27.03
- Ciclos grao superior familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao medio = 22.07
- Ciclos grao medio familia numerosa = 11.06
- Ciclos grao medio familia numerosa categoría especial = exento