- Portada 10
Abalar Móbil e Espazo Abalar
Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro .
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse na secretaría un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitantee o representante. (Dispón do modelo no documento adxunto).
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico). (Dispón do modelo no documento adxunto).
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.
Calendario Exames de Distancia: 3ª Avaliación 2025-2026 DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames da terceira avaliación dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DASI - C.S. ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
- Lémbrase que é obrigatorio inscribirse para poder presentarse as probas.
- Para acceder as probas será necesario presentar o DNI físico e o correo electrónico que confirma a inscripción.
- Período de inscripción: do 04 ao 10 de MAIO de 2026. Non se admitirán reclamacións fora destas datas.
- A duración dos exames é fixada polo profesorado correspondente. O horario que figura no calendario é o máximo previsto.
ENLACE PARA REALIZAR A INSCRICIÓN: https://alumnos.fernandowirtz.com/
Finalizado o período de inscrición detallaranse as aulas de examen de cada módulo.
Calendario Exames de Distancia: Avaliación FINAL 2025-2026 DESTACADO
Dase publicidade as datas e horas dos exames da avaliación FINAL dos ciclos do réxime de distancia:
DXAD - C.M. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DAFI - C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
DASI - C.S. ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE
DDAM - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA
DDAW - C.S. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
- Lémbrase que é obrigatorio inscribirse para poder presentarse as probas.
- Para acceder as probas será necesario presentar o DNI físico e o correo electrónico que confirma a inscripción.
- Período de inscripción: do 01 ao 05 de XUÑO de 2026 . Non se admitirán reclamacións fora destas datas.
- A duración dos exames é fixada polo profesorado correspondente. O horario que figura no calendario é o máximo previsto.
ENLACE PARA REALIZAR A INSCRICIÓN: Publicarase máis adiante.
Finalizado o período de inscrición detallaranse as aulas de examen de cada módulo.
Convocatoria de bolsas de carácter xeral (BECAS) para o curso 2026/2027 do MECD DESTACADO
Publicada a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2026/2027.
- O prazo de solicitude da convocatoria xeral para o curso 2024/25 é do 7 de Abril 2026 ás 08:00 h ata o 18 de Maio 2026 ás 15:00 h.
- Non o deixes para o final. Pide a túa beca aínda que non sepas o que vas a estudar ou incluso non sepas se vas ou non a estudar.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS 2026 DESTACADO
Publicada a Orde do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Baixas voluntarias e/ou renuncias nos Ciclos de FP. Aclaracións e impresos. DESTACADO
- Información sobre a baixa voluntaria
- Impreso de solicitude de baixa voluntaria
- Información sobre a renuncia á matrícula
- Impreso para renuncia á matrícula no oferta ordinaria
- Impreso para renuncia á matrícula no oferta modular
As baixas voluntarias consumen convocatorias pero non é necesario ningún requisito.
As renuncias non consumen convocatoria pero téñense que cumprir os requisitos especificados nos documentos adxuntos.
Información relativa aos criterios de promoción e/ou titulación no bacharelato.
Información dos criterios de promoción e/ou de titulación regulados nos artigos 30 e 31, respectivamente na ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa, e establecidos na concreción curricular do centro.
Resaltar que na concreción curricular fíxase nun 10% o número de faltas de asistencia para aplicar o criterio de inasistencia as clases reflectido no artigo 31 Punto 1 apartado b) da mencionada Orde.
Presentación e videos demostrativos do procedemento para a evacuación do centro.



