Premios da Fundación Repsol de Emprendemento FP 2019
1º Premio: Equipo coordinado dende o IES Fernando Wirtz Suárez gaña o Premio da Fundación Repsol de Emprendemento FP 2019
Fungal Biomaterials, un equipo formado por alumnado do IES Fernando Wirtz e IES A Sardiñeira, gaña o primeiro premio do Programa Emprendemento en FP: proxecta o teu futuro 2018-2019 convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Fundación Repsol e CISE. O equipo gañador desenvolveu unha empresa que fabrica e comercializa un tecido similar ao coiro cultivado a base de fungos endémicos de Galicia. Este novo material caracterízase por unha produción máis rápida, económica e ecolóxica, polo que vai dirixida a empresas do sector téxtil, marroquinaría e coiro.
O equipo de Fungal Biomaterials está integrado por tres alumnos do IES Fernando Wirtz Suárez: Inda Alvarado do CFGS Desenvolvemento de Aplicacións Web, Marcos Daporta do CFGS Asistencia á Dirección, José Ramón Mosquera do CFGS Administración e Finanzas e un alumno do CFGS Laboratorio de Análise e Control de Calidade no IES A Sardiñeira, Karlos Martín. O proxecto desenvolveuse baixo a coordinación da profesora Serxia Laxe, do Departamento de FOL.
Fungal Biomaterials conta con dúas liñas de produto en desenvolvemento: BIOTEA e FUNGITEA ofertándose no mercado como unha opción viable na industria do coiro e marroquinería polas súas características. Son materiais 100% biodegradables e cun modelo de produción sostible que impactará favorablemente na industria da moda galega. A viabilidade dos seus produtos está a ser comprobada en desenvolvemento colaborativo cos artesáns galegos, Manolo Cremallera Studio e Eferro.
Fungal Biomaterials naceu como un proxecto de emprendemento que suscitou o interese da Fundación Fulbright. Na actualidade está en vías de transformación a un proxecto de innovación da Formación Profesional.
2º Premio: Bguard, coordinado dende o IES Calvo Sotelo
O segundo premio foi para o proxecto "Bguard", cun equipo formado polos alumnos Fernando González Suárez-Noguerol do IES Fernando Wirtz, Álvaro Martínez-Feijóo Marco do CIFP Someso e Marcos PuertasVillaseníndo IES Calvo Sotelo, coordinados pola profesora Manuela García Calderón.
O proxecto premiado aposta pola protección dos ciclistas usando “Bguard”, un dispositivo para bicicletas que alerta da proximidade dun vehículousando LEDs, un radar láser e unha cámara de alta definición. Isto aumenta a seguridade do usuario xa que a gravación do que ocorre na contorna posibilita a investigación en caso de accidente.