Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 23-24 DESTACADO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Forma de presentación:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
-
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
No adxunto pode consultarse un resumo do procedemento.