Admisión a FP. Curso 2024-2025. Prazos, instrucións e impresos.
Información admisión
- Instruccións xerais oferta ordinaria 2024-2025
- Instruccións xerais oferta modular 2024-2025
- Prazos admisión ordinario e modular 2024-2025
- Instruccións xerais FP Básica 2024-2025
- Prazos admisión FP Básica 2024-2025
- Instruccións xerais FP Dual Intensiva 2024-2025
- Prazos admisión FP Dual Intensiva 2024-2025
- Instruccións xerais Cursos de especialización 2024-2025
- Prazos admisión Cursos de especialización 2024-2025
RESUMO
Alumnado que solicita:
- 1º curso de ORDINARIO
- Repetidores de 1º curso:
farán a solicitude seguindo estas instrucións:
PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO
Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
No caso de se detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude válida.
A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
Non estará activa ata a apertura do prazo.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite ata despois das adxudicacións, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS
Alumnado que solicita oferta modular DISTANCIA.
Farán a solicitude seguindo estas instrucións:
PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO
Deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao (medio ou superior) e para cada modalidade (presencial ou semipresencial e a distancia) no que se desexe participar.
En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp.
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP
sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
Non estará activa ata a apertura do prazo.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite ata despois das adxudicacións, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS
Alumnado de 1º CURSO de ORDINARIO que promocione para 2º CURSO ou repetidores de 2º.
PROCESO DE ADMISIÓN NON CENTRALIZADO
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente), enlaces abaixo:
- Alumnado do mesmo centro e ciclo: modelo C1
- Alumnado doutros centros ou ciclos: modelo D1 para solicitar admisión (do 24/06/24 ao 4/07/24 as 13:00) e D2 (do 17 de xullo ás 9:00 ao 22 de xullo ás 13:00 horas) para matricularse se ten praza adxudicada
O alumnado do centro e mesmo ciclo fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula, pode presentar a mesma na secretaría do centro. Habilitarase unha ventanilla específica:
- Datas por determinar
O alumnado procedente doutros centros ou ciclos ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resultara admitido. O prazo é do 19 de xullo ás 9:00 ao 24 de xullo ás 13:00 horas.
Alumnado con só FCT e/ou PROXECTO
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente):
- Alumnado do centro: modelo C2 (dispoñible máis adiante). Presentar do 2 ao 6 de setembro
- Alumnado doutros centros: modelo D3 para solicitar admisión (do 24 de xuño ao 4 de xullo) e D4 (dispoñible máis adiante) para matricularse se ten praza adxudicada (Presentar do 2 ao 6 de setembro).
Nos impresos figuran as instruccións para cada un dos casos.
Admisión FP DUAL
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp.
A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Toda a información en INSTRUCiÓNS FP DUAL
Admisión Cursos Especialización
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp.
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación o indique. Neste caso, para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostidos con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
No caso de detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude validada.
Deberase cubrir, utilizando o asistente web en http://edu.xunta.es/ciclosadmision na que se poderá optar a catro cursos de
especialización como máximo.
Toda a información en INSTRUCIÓNS CURSOS ESPECIALIZACIÓN
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
Máis información en http://edu.xunta.es/fp
D1: Admisión no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos. Se resulta admitido/a poderá realizar a matrícula.
D2: Matrícula no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos.
D3: Admisión FCT e/ou Proxecto alumnado doutros centros ou ciclos.