Admisión a FP BÁSICA. Curso 2024-2025. Prazos, instrucións e impresos.
Información admisión
RESUMO
Alumnado que solicita FP BÁSICA:
Alumnado de escolarización obrigatoria procedente de 2º de ESO:
O alumnado de 2º de ESO en idade de escolarización obrigatoria debe ser proposto polo centro.
O centro fará proposta e se elaborará relación final tras informe da inspección educativa.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata o 4 de xullo ás
13:00 horas. Os centros educativos disporán ata as 14:00 horas do día 4 de xullo para cargar as
solicitudes na aplicación Ciclosadmisión.
Alumnado de escolarización obrigatoria procedente de 3º ou 4º de ESO:
O alumnado en idade de escolarización obrigatoria procedente de 3º ou 4º de ESO que desexe solicitar por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, deberá facer a solicitude no centro de orixe directamente no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará a este alumnado no proceso de realización da solicitude.
Este alumnado manterá a matrícula no curso que corresponda da ESO ata que teña praza adxudicada
nun ciclo de grao básico e se proceda á súa matrícula no centro que corresponda.
Alumnado de escolarización non obrigatoria:
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo
formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que
estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin de ningún outro título que
acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Alumnado que repita 1º curso ou que acade a promoción a 2º curso ou repita este:
Presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O
prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os mesmos que para o alumnado de nova incorporación ao primeiro curso