Mobilidades ERASMUS para profesores de Ciclos de FP. Curso 2024-25 DESTACADO
- A quen vai dirixido: profesorado que imparte clase en ciclos de Formación Profesional.
- Duración: 5 días + viaxe
- Número de becas: 5 propias do centro para profesorado que imparte clase en Ciclo Superior (e as que conceda o consorcio da Consellería, tanto para ciclos medio como superior)
- Modalidade da viaxe: Período de formación no estranxeiro nunha institución de educación superior asociada, nunha empresa ou calquera outro lugar de traballo participando nunha actividade de formación no estranxeiro que sexa pertinente para o seu traballo cotián na nosa institución. Pode consistir en actos de formación (excepto conferencias) ou aprendizaxe por observación.
- Países de acollida: Países da Unión europea e países pertencentes ao programa onde se poidan realizar a estadía.
O baremo publicarase en canto nos envíen os criterios que se seguirán no consorcio este curso académico.
A data límite de admisión de solicitudes será o 01-12-2024
