Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro .
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico)
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.