- Portada 8
Instrucións e impreso Matrícula DUAL Ano 2025 DESTACADO
Pódese consultar na páxina de ciclosadmision e na secretaria do centro o alumnado con praza adxudicada.
O alumnado con praza adxudicada na FP Dual Intensiva debe proceder á matrícula seguindo estas instrucións:
- Entregar a seguinte documentación na secretaría do centro dende o día 15 ás 9:00 horas ao día 18 de xullo ás 13:00 horas.
- Impreso de matrícula que se obtén nesta páxina.
- DNI/NIE/Pasaporte, orixinal e copia, e non caducado.
- Os menores de 28 anos : Resgardo do abono na conta de ABANCA nº: ES24- 2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 €.
- O maiores de 27 fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificado dos estudos aportados para a admisión no caso de non estar entregado no centro e non constar nas bases de datos da Consellería.
- Recórdase que a documentación pode ser aportada por unha persoa debidamente autorizada.
ATENCIÓN: O alumnado con NIE ten que comprobar que no mesmo figura "AUTORIZA A TRABAJAR"
Instrucións e impreso Matrícula exclusivamente prazas liberadas. Curso 25/26 DESTACADO
Procedemento para a matrícula en prazas liberadas:
As prazas liberadas en 1º de ordinario e A DISTANCIA publicaranse na páxina http://edu.xunta.gal/fp
As prazas liberadas en 2º de ordinario poden consultarse na secretaría do centro
- Entregar a seguinte documentación na secretaría do centro:
- Impreso de matrícula que se obtén nesta páxina.
- DNI/NIE/Pasaporte, orixinal e copia, e non caducado.
- Os menores de 28 anos : Resgardo do abono na conta de ABANCA nº: ES24- 2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 €.
- O maiores de 27 fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificado dos estudos aportados para a admisión no caso de non estar entregado no centro e non constar nas bases de datos da Consellería.
- Recórdase que a documentación pode ser aportada por unha persoa debidamente autorizada.
Instrucións sobre reserva/matrícula, renuncia a Ciclos Formativos Curso 25-26 DESTACADO
GUIA RÁPIDA para o proceso centralizado. O proceso é on-line excepto para o 2º curso da oferta ordinaria que debe realizarse no centro.
PRAZOS MATRÍCULA:
- 1ª adxudicación do 15 xullo ás 9:00 ao 18 xullo ás 13:00 horas
- 2ª adxudicación do 22 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas
- 3ª adxudicación do 29 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas
Achegamos acceso para envío de documentación (Só os que teñan feita matrícula ou reserva), e as instrucións que se publican na web da Consellería.
PASO 1: Na aplicación de ciclosadmisión facer a reserva/matrícula.
PASO 2: ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN. (Despois de matricularse/resevar). Para rematar o proceso de matrícula é necesario achegar ao centro os seguintes documentos (Non necesariamente antes de finalizar o prazo de reserva/matrícula pero si antes do mes de setembro) :
- Impreso de matrícula/reserva
- Fotocopia do DNI
- Seguro escolar (1,12€) os menores de 28 anos ou tarxeta sanitaria os maiores de 27.
- Certificado dos estudos aportados para a admisión no caso de non estar entregado no centro.
PODE FACERSE PRESENCIALMENTE OU A TRAVÉS DESTA WEB: https://secretaria.fernandowirtz.com/
UNHA VEZ PROCESADA A SÚA DOCUMENTACIÓN RECIBIRÁ UNA CONFIRMACIÓN QUE CHEGARÁ ANTES DO COMEZO DE CURSO.
NON SOLICITEN CONFIRMACIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO. ESPEREN A RECIBILA.
A conta bancaria para o pago do seguro escolar é: ES24-2080-0058-1430-4000-6317. Debe poñerse no concepto o nome do alumno/a.
Listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto e axudas material escolar. 25-26 DESTACADO
Tal e como indican os artigos 13 (Publicación de actos) e 24 (Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.) da:
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Tamén poden consultarse individualmente na aplicación fondolibros.
Prazo de reclamacións ata o mércores 16 de xullo as 13:00.
As listaxes definitivas publicaránse o 28 de xullo
A entrega de libros faráse no mes de setembro.
Os intersados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á http://edu.xunta.es/fondolibros no menú "Cidadáns".
NOTA:
Aquelas persoas que teñan concedidas axudas non deben comprar libros ata a publicación da listaxe definitiva para coñecer os libros asignados.
Trámite para a solicitude de TÍTULOS
Tan só poden solicitarse títulos cando se teñan realizadas as avaliacións finais ordinarias ou extraordinarias onde conste a proposta para expedición de título.
- Cubrir o impreso adxunto.
- Aboar as tasas nunha entidade bancaria.
- Presentar na secretaría xunto coa fotocopia do DNI.
- No caso de familia numerosa deberá aportar xustificación.
O importe das tasas é o seguinte para o ano 2025:
- Bacharelato = 54.00
- Bacharelato familia numerosa = 27.03
- Bacharelato familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao superior= 54.00
- Ciclos grao superior familia numerosa = 27.03
- Ciclos grao superior familia numerosa categoría especial = exento
- Ciclos grao medio = 22.07
- Ciclos grao medio familia numerosa = 11.06
- Ciclos grao medio familia numerosa categoría especial = exento
- Curso de especialización = 25.91
- Curso de especialización familia numerosa = 12.97
- Curso de especialización familia numerosa categoría especial = exento
Podes obter un impreso de pago de tasas neste enlace:
Instrucións para a petición de documentos ou solicitude de procedementos cando non se pode acudir persoalmente á Secretaría do centro .
Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:
- Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.
- Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou certificado do DNI electrónico)
- Correo electrónico recibido dende a conta que figura na nosa base de datos.
Admisión a FP. Curso 2025-2026. Prazos, instrucións e impresos.
Información admisión
- Instruccións xerais oferta ordinaria 2025-2026
- Instruccións xerais oferta modular 2025-2026
- Instruccións xerais FP Dual Intensiva 2025-2026
- Instruccións xerais Cursos de especialización 2025-2026
- Instruccións xerais FP Básica 2024-2025
- Prazos admisión ordinario e modular 2025-2026
- Prazos admisión FP Básica 2025-2026
- Prazos admisión FP Dual Intensiva 2025-2026
- Prazos admisión Cursos de especialización 2025-2026
RESUMO
Alumnado que solicita:
- 1º curso de ORDINARIO
- Repetidores de 1º curso:
farán a solicitude seguindo estas instrucións:
PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO
Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
No caso de se detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude válida.
A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
Non estará activa ata a apertura do prazo.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite ata despois das adxudicacións, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS
Alumnado que solicita oferta modular DISTANCIA.
Farán a solicitude seguindo estas instrucións:
PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO
Deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao (medio ou superior) e para cada modalidade (presencial ou semipresencial e a distancia) no que se desexe participar.
En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en http://edu.xunta.es/ciclosadmision
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP
sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
Non estará activa ata a apertura do prazo.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite ata despois das adxudicacións, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS
Alumnado de 1º CURSO de ORDINARIO que promocione para 2º CURSO ou repetidores de 2º.
PROCESO DE ADMISIÓN NON CENTRALIZADO
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente), enlaces abaixo:
- Alumnado do mesmo centro e ciclo: modelo C1 (do 16 de xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas). Quen obteña o requisito de acceso por obter un título de FP ou da ESO no curso 2024-25 presentará a solicitude a partir do 23 de xuño.
- Alumnado doutros centros ou ciclos: modelo D1 para solicitar admisión (do 16 de xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas), e D2 (do 15 de xullo ás 9:00 ao 18 de xullo ás 13:00 horas) para matricularse se ten praza adxudicada
O alumnado do centro e mesmo ciclo fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula, pode presentar a mesma na secretaría do centro. Habilitarase unha data específica para evitar aglomeracións:
- Día 27 xuño de 9:30 a 11:30 familia de Administración
- Día 27 xuño de 11:30 a 13:30 familia de Informática.
O alumnado procedente doutros centros ou ciclos ten que facer a solicitude de admisión (do 16 de xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas) e logo a matrícula se resultara admitido (do 15 de xullo ás 9:00 ao 18 de xullo ás 13:00 horas)
Alumnado con só FCT e/ou PROXECTO
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente):
- Alumnado do centro: modelo C2 (dispoñible máis adiante). Presentar do 1 ao 5 de setembro
- Alumnado doutros centros: modelo D3 para solicitar admisión (do 16 de xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas) e D4 (dispoñible máis adiante) para matricularse se ten praza adxudicada (Presentar do 1 ao 5 de setembro).
Nos impresos figuran as instruccións para cada un dos casos.
Admisión FP DUAL INTENSIVA
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en http://edu.xunta.es/ciclosadmision
A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Toda a información en INSTRUCIÓNS FP DUAL INTENSIVA
Admisión Cursos Especialización
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en http://edu.xunta.es/ciclosadmision
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación o indique. Neste caso, para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostidos con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
No caso de detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude validada.
Deberase cubrir, utilizando o asistente web en http://edu.xunta.es/ciclosadmision na que se poderá optar a catro cursos de
especialización como máximo.
Toda a información en INSTRUCIÓNS CURSOS ESPECIALIZACIÓN
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
Máis información en http://edu.xunta.es/fp
D1: Admisión no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos. Se resulta admitido/a poderá realizar a matrícula.
D2: Matrícula no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos.
D3: Admisión FCT e/ou Proxecto alumnado doutros centros ou ciclos.



