SOLICITUDES DE EXENCIÓN DA FCT
O alumnado que vaia pedir exención da FCT segundo a normativa que figura no punto noveno da ORDEN de 28 de febrero de 2007 por la que se regula el módulo profesional de FCT deberá aportar a seguinte documentación:
a) Solicitude á dirección do centro docente onde estea matriculado. (No ficheiro adxunto)
b) Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, no seu caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
c) Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.