Admisión CICLOS 22-23. Calendario, instrucións e impresos.
Calendario de admisión (Réxime ordinario e réxime para persoas adultas)
Calendario de admisión (FP dual)
Calendario cursos de especialización.
Instrucións xerais do proceso de admisión
O prazo de admisión de solicitudes vai do 23 de xuño ao 5 de xullo as 13:00.
RESUMO DAS INSTRUCIÓNS
Alumnado que solicita 1º curso de ordinario, repetidores de 1º curso ordinario, Adultos Presencial e Adultos Distancia: farán a solicitude seguindo estas instrucións:
PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO
Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
No caso de se detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude válida.
A dirección para o acceder ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision
Non estará activa ata a apertura do prazo.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite ata despois das adxudicacións, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS
Alumnado de 1º CURSO de ORDINARIO que promocione para 2º CURSO ou repetidores de 2º (Incluida a FP Básica)
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente), enlaces abaixo:
- Alumnado do mesmo centro e ciclo: modelo C1
- Alumnado doutros centros ou ciclos: modelo D1 para solicitar admisión e D2 para matricularse se ten praza adxudicada
O alumnado do centro e mesmo ciclo fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula, pode presentar a mesma na secretaría do centro. Habilitarase unha ventanilla específica: día 27 xuño familia de Administración, día 28 familia de Informática.
O alumnado procedente doutros centros ou ciclos ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resultara admitido. O prazo é do 19 de xullo ás 9:00 ao 22 de xullo ás 13:00 horas.
Alumnado con só FCT e/ou PROXECTO
Cubrir os impresos que a continuación se relacionan (Dispoñibles durante o prazo correspondente):
- Alumnado do centro: modelo C2 (dispoñible máis adiante). Presentar do 1 ao 6 de setembro
- Alumnado doutros centros: modelo D3 para solicitar admisión (do 23 de xuño ao 5 de xullo) e D4 (dispoñible máis adiante) para matricularse se ten praza adxudicada (Presentar do 1 ao 6 de setembro).
Nos impresos figuran as instruccións para cada un dos casos.
Admisión FP DUAL
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp . A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisional e definitiva, non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.
Toda a información en INSTRUCiÓNS FP DUAL
Admisión Cursos Especialización
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Deberase cubrir, utilizando o asisntente web, unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo.
Toda a información en INSTRUCIÓNS CURSOS ESPECIALIZACIÓN
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
Máis información en http://edu.xunta.es/fp