IES Fernando Wirtz

Admisión CICLOS 18-19. Instrucións. SETEMBRO

 

PROCESO DE ADMISIÓN CENTRALIZADO

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario. A dirección para o acceder  ao mesmo é http://edu.xunta.es/ciclosadmision

Non estará activa ata a apertura do prazo.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento XA VALIDADO non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADXUDICADA A PRAZA  É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

Pode consultar toda a información en http://edu.xunta.es/fp

 

Descargar Ver C1: Admisión e matrícula no 2º curso alumnado do centro.
Descargar Ver C2: Admisión e matrícula FCT/PROXECTO alumnado do centro.
Descargar Ver D1: Admisión no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos.
Descargar Ver D2: Matrícula no 2º curso alumnado doutros centros ou ciclos.
Descargar Ver D3: Admisión FCT/PROXECTO alumnado doutros centros.
Descargar Ver D4: Matrícula FCT/PROXECTO alumnado doutros centros.
En PortadaCiclos FormativosImpresosSecretaría - Abrir en pestana
Rua Caballeros, 1 - 15006 A Coruña
Código plus de localización do IES Fernando Wirtz: 8CMH9H4V+7M
881 960 260 ies.fernando.wirtz@edu.xunta.es